A Feira Medieval ten unha traxectoria de 15 anos, é unha aposta do goberno local e cada ano máis visitantes reviven o medievo en Monforte.
A Feira Medieval chegou no 2023, despois de dous anos de parón pola pandemia, á súa XIX edición, celébrase a fin de semana de Semana Santa e é un verdadeiro atractivo turístico. Durante dous días monfortinas e visitantes pasean as rúas e prazas da zona vella vestidas de época e participan das diferentes actividades. Os postos de artesanía e gastronomía decoran as rúas e sucéndese os espectáculos de cetraría, malabares con lume, tiro con arco, actuacións musicais….
Na Praza de España onde se instala o Campamento Medieval temos un dos escenarios principais, outro punto de actividades é o adro da Régoa e no campo de terra dos Escolapios desenvólvense as Xustas Medievais onde se dan cita os señores e o pobo para ver loitar aos cabaleiros. Os restaurantes ofrecen tapas e menús medievais e as rúas decóranse para a ocasión, convertendo a Monforte nunha cidade medieval digna de visitar e desfrutar.