A construción comezou en 1698 como consecuencia dun milagre ocorrido nunha pequena capela ao lado, o santuario do Santo Cristo foi rematado na 1ª metade do século XVIII. De características arcaicas en pleno barroco, trátase dun templo grandioso con fachada flanqueada por dúas torres, bóveda de crucería no seu interior e sancristía cuberta con pinturas setecentistas. Posúe retablos de preciosa talla barroca.