Inaugurado en 2008, o CACGM é un proxecto arquitectónico de referencia deseñado polo arquitecto Souto de Moura, premio Pritzker en 2011. A dinámica deste centro de arte baséase nun programa de exposicións temporais dos máis recoñecidos artistas nacionais e estranxeiros do noso tempo e de grandes coleccións de Arte Contemporánea, resultado de coproducións e colaboracións con outras institucións de referencia nacionais e internacionais.
O CACGM conta, ademais, cun núcleo de sete salas adicadas á obra da pintora Graça Morais, nun programa expositivo frecuentemente renovado, reforzado por outras iniciativas multidisciplinares, concretamente programas educativos, obradoiros de práctica artística, concertos, actuacións e actividade editorial.
A cafetería con terraza e o pequeno xardín constitúen tamén un lugar privilexiado para complementar o desfrute deste espazo único, paradigma da arquitectura e da arte contemporánea.