Froito da cooperación transfronteiriza entre o Concello de Bragança e a Diputación de Zamora, o museo está situado dentro da cidadela do Castelo de Bragança, nun edificio reformado. Inaugurado o 24 de febreiro de 2007, baixo a temática da máscara, é un espazo de difusión de tradicións relacionadas coas festas de inverno e entroido de Trás-os-Montes e Alto Douro e da Provincia de Zamora. Composto por 3 plantas, permite que os visitantes entren en contacto, en calquera época do ano, con multitude de festas, personaxes e rituais onde a máscara xoga o papel primordial das festas. Ademais do contacto cos personaxes recreados polos rostros expostos, o museo permite aos visitantes, ó son da música tradicional, vivir, a través de fotografías e obxectos expostos, as festas representadas en distintos lugares durante o período invernal.