As Caldas do Miño son un conxunto de 8 caldas con diferentes temperaturas, situadas na contorna fluvial do Río Miño, nunha paraxe natural única, nas que relaxarse e recrear as relacións sociais cunha base de música ambiente.
Naceron co obxectivo de ser un gran revulsivo cultural, ao estar inspiradas nas termas romanas, e un novo recurso turístico, xa que moi preto pasa o Camiño Primitivo, polo que poden converterse nunha etapa de parada e de descanso para os peregrinos que escollen este itinerario xacobeo, así como para a atracción de visitantes vinculados ao turismo de experiencias, que se atopa en auxe.
Son gratuítas, pero para acceder é necesario facer reserva previa. Contan cun aforo de 15 persoas en quendas de 1.30h. Están abertas desde as 10.00h a 14.30h e de 16.30h ata as 22.00h. Os nenos menores de 6 anos non poden acceder.
Recomendacións:
– É necesario bañador, chanclas e toalla ou albornoz.
– Non te esquezas do protector solar.
– A instalación conta con duchas e vestidores.