O Carballiño é a entidade de poboación máis recente da comarca. Xestouse ao redor da  feira creada polos frades de Oseira no primeiro terzo do século XVII é unha vila turística e estación balnearia, situada nunha encrucillada de camiños ao noroeste da provincia de Ourense.

Posúe dous balnearios: Gran Balneario de O Carballiño, creado en 1900, e o Balneario Caldas de Partovia, reformado integralmente en 2017.

O monumento máis característico é o Templo da Veracruz, obra póstuma de Antonio Palacios.

Tamén destaca o Parque Municipal, con preto de 500.000 m2 de zona verde, arborado e paseo fluvial.

O Carballiño caracterízase por ser o berce das pulpeiras e pulpeiros de Galicia, por iso o pulpo á feira é o prato máis característico da súa gastronomía, que se pode degustar nos restaurantes ou nas feiras, que se celebran o 16 e 31 de cada mes.