Narón é a oitava cidade de Galicia, cunha poboación que roza os 40.000 habitantes. Este Concello experimentou desde a entrada do novo século un importante incremento poboacional, froito dunha atractiva oferta industrial e de servicios.
Sitúase no noroeste da provincia da Coruña, entre os Concellos de Ferrol, Valdoviño,San Sadurniño e Neda. As súas terras tocan así mesmo o Océano Atlántico (Costa Ártabra), e a Ría de Ferrol). Narón é unha realidade diversa, conformada polo seu patrimonio natural e histórico, a súa paisaxe, a súa cultura, e sobre todo as súas xentes, a súa sociedade civil. Esa é a gran riqueza deste concello. Contamos con tódalas ferramentas necesarias para facer unha cidade nova e puxante, con parques empresariais, infraestructuras, zonas verdes e servicios, entre eles a administración electrónica.