A Pedra dá Ra e O Banco de Piñeiro, son dous escenarios que converten a arquitectura nun sutil marco da espectacular paisaxe que ofrece este lugar. Así é o resultado da intervención do arquitecto Carlos Seoane: unha proxección poética na que a sofisticación e delicadeza son notorias en cada elemento.
A arquitectura parte do respecto cara ao monumento e nace coa idea de conservar unha paisaxe natural con raíces culturais propoñendo unha actualización estética en simbiose coa contorna como expresión do Genius Loci. Na mitoloxía romana, o Genius Loci era un espírito protector que custodiaba os lugares e mantiña a harmonía do espazo.
Desta forma, a obra non altera, polo menos substancialmente, a paisaxe existente. A través duns determinados mecanismos de integración, a arquitectura renuncia ao seu protagonismo e acomódase á paisaxe.
“Que din os rumorosos? É a frase que encabeza as vistas desde O Banco do Piñeiro e a frase coa que empeza o himno de Galicia, baseado nun poema de Eduardo Pondal. Os rumorosos piñeiros lémbrannos que Galicia é o berce de Breogán, o lexendario rei galaico que nos legou as nosas orixes celtas. Na cima do monte da Cidá, podes ver parte deste legado con máis de 2.500 anos de antiguedad… o Castro da Cidá.
A Pedra dá Ra e O Banco do Piñeiro conforman un conxunto patrimonial singular dun gran valor identitario para Galicia.