Carballo é unha vila chea de vida e actividade, con eventos culturais e deportivos que enchen a axenda da cidade todo o ano.
Cunha poboación que crece e moita mocidade, é un centro de atracción de todas as vilas e concellos da contorna, que veñen a Carballo para comprar, á feira, a tomar algo, divertirse ou para participar nas actividades culturais e deportivas.
Carballo está traballando na mellora do seu aspecto e a mobilidade, con accións e obras que pretenden facer as rúas máis orientadas as persoas, con aparcamentos repartidos na vila, melloras urbanísticas, e tamén mellorando o seu aspecto con proxectos tan singulares e novidosas como os máis de 60 grandes murais que enchen de cor a vila, un proxecto artístico que están a converter as rúas de Carballo nun museo ao aire libre.