“A  Orixe”  é o nome dun Camiño de Santiago que no seu percorrido acompaña o corpo do Apóstolo Santiago ata o que hoxe é e significa Compostela.

O nome deste camiño a Santiago fundaméntase neste relato, e así conta que o corpo de Santiago o Maior foi traído desde Palestina polos seus discípulos  Teodoro e  Atanasio nunha barca guiada pola providencia chegou a Galicia, e a través da ría de Arousa remontou o río Ulla ata chegar a Iría  Flavia, e desde alí ata onde hoxe descansa en Compostela.

Facendo a  pé este camiño terás o privilexio de acompañar a chegada a Galicia dos restos do Apóstolo lembrando así a ORIXE da tradición Xacobea.

Iniciando o percorrido no faro de Corrubedo, tes ao redor de 130km divididos en 6 etapas, que che guiarán ata o faro da  Berenguela que alumea a Catedral, onde se garda o Sepulcro do Apóstolo Santiago .

 

ETAPAS:

  • Etapa 1 (Ribeira): Corrubedo – Carreira
  • Etapa 2 (Ribeira- A Pobra do Caramiñal): Carreira – A Pobra do Caramiñal
  • Etapa 3 (A Pobra do Caramiñal- Boiro): A Pobra do Caramiñal – Cespón
  • Etapa 4 (Boiro- Rianxo): Cespón – Quintáns
  • Etapa 5 (Rianxo- Padrón): Quintáns – Padrón
  • Etapa 6 Padrón – Santiago

 Descarga o percorrido: https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=155lvL3JMZZLpvGijNqUAqILAMQWyjKvX&ll=42.69935065086712%2C-8.81739950000001&z=10