Os faros son guías luminosas utilizadas polos mariñeiros para orientarse na noite e a torre de sirenas son os sinais sonoros que os guía nos días de néboa. Este sinal sonoro emítese por uns grandes ocos dispostos ao longo da torre que se atopa moi preto do faro, pero temos unha mala noticia… actualmente está en desuso

Poucos saben que en 1867, o faro de Corrubedo exhibiuse como unha das marabillas do mundo na Exposición Universal de París, en  Champ de  Mars, inaugurada polo matrimonio imperial de  Napoleón III e Eugenia de  Montijo.

Este é un dos lugares elixidos por diferentes directores de cinema de moitas afamadas creacións audiovisuais pero tamén polos amantes da natureza salvaxe. Os días de temporal é un lugar privilexiado para instantáneas únicas.