Este interesante museo é de visita obrigada.

Emprazado  na localidade de Artes, rodeado dunha espectacular paisaxe natural, este museo é un espazo único na zona que combina a arte gráfica antiga e contemporánea.

A Fundación Museo de Artes ten unha extensa colección de obras que van desde o século XV ata a época actual. Estas obras ofrécense gratuitamente en itinerancia en forma de préstamo ás entidades interesadas. Entre as coleccións que se atopan en préstamo están:

– Os Soños Caprichosos de Pantagruel en Imaxes de Salvador Dalí
– Estudos e Imaxes na xénese do Guernica. Picasso, a violencia como asasina da creatividade artística.
– A Divina Comedia de Dante. O Inferno en imaxes de Salvador Dalí
– As Fábulas de la Fontaine de Salvador Dalí
– Temas de Marc Chagall
– Emocións de Oswaldo Guayasamín Calero
– A Tauromaquia de Goya, visión crítica dunha festa
– Manuel Ayaso
– A Iconografía de Van Dyck