O Río Cávado na parroquia de Areias de Vilar creou verdadeiros viveiros de fauna e flora. As lagoas de Caíde son un observatorio da vida animal e un rico espazo natural no concello de Barcelos. A potencialidade deste espazo natural para o turismo de natureza, especialmente a observación de aves e o sendeirismo, pode por en valor e difundir esta área natural.