O museo aséntase nunha antiga fortaleza construída no século XVI. Dos séculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, máis tarde foi utilizado como lazareto para illar aos mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa. O museo como tal inaugurouse en 1968. Considérase Monumento histórico-artístico desde 1949 e desde 1994 Ben de Interese Cultural.
O museo alberga obxectos de arqueoloxía como: ourivaría protohistórica, megalitismo, Idade de Bronce, cultura castrexa, romanización e distintos aspectos da cidade. Parte destes obxectos proceden do Castro de Elviña .
O Castelo alberga as seguintes dependencias:
- Biblioteca (Casa Botero)
- Salas de exposicións (planta baixa)
- Salas de exposicións, sancristía e capela (planta alta)
- Casamatas (anexos – planta baixa)
- Alxibe (anexos)
HORARIO:
Inverno (setembro a xuño):
Martes a sábado das 10.00 ás 19.30 h. Domingos e festivos das 10.00 ás 14.30 h (desde media hora antes do peche non se permite o acceso).
Pecha o 1 de xaneiro, luns e martes de Entroido e o 24, 25 e 31 de decembro.
Verán (xullo e agosto):
Martes a sábado das 10.00 ás 21.00 h. Domingo e festivos das 10.00 ás 15.00 h (dende media hora antes do peche non se permite o acceso).