A Feira de artesanía de Culleredo leva dende hai anos sendo unha cita marcada no concello o día das Letras Galegas. Cada 17 de maio celébrase no municipio este evento que xunta, nun día tan representativo para a nosa lingua, a cultura e a artesanía de Galicia. Ademais organízanse actividades orientadas especialmente para os máis pequenos e actuacións musicais. Todo para conmemorar o día no que se publicou Cantares gallegos, unha das obras mestras da grande escritora galega Rosalía de Castro, que marca o Rexurdimento da lingua galega.