Situada no S.XII, con importantes reformas no XVIII.
Aquí estivo o Mosteiro de Santiago de Barbadelo. No interior, preside o sinxelo retablo a talla dun Santiago peregrino barroco.
Foi declarada Monumento Nacional en 1976 e Ben de Interese Cultural en 1980, e é unha das igrexas máis admiradas do Camiño de Santiago.
Destacan a orixinalidade da súa iconografía: leóns, avez e serpes vinculados aos bestiarios medievais, e complexas representacións humanas en pórtico, tímpanos, capiteis…