O Aquarium Finisterrae é un lugar único no que descubrir as curiosidades e segredos das profundidades do mar. Máis de trescentas especies mariñas e catro salas de exposicións, entre elas a Nautilus, mergullada nunha piscina de máis de cinco millóns de litros de auga nas que nadan corvinas, douradas e ata quenllas. Sentiraste como o mesmísimo capitán Nemo a bordo do seu submarino.

Amplas terrazas exteriores e o Piscinarium coas súas focas completan a visita. O mellor lugar onde coñecer o ecosistema mariño da costa galega.

Ademais das súas piscinas e acuarios, o museo dispón de módulos que lle propoñen ao público experiencias interactivas.

 

HORARIO

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: das 10.00 ás 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: das 11.00 ás 19.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: das 10.00 ás 19.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: das 10.00 ás 20.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: das 10.00 ás 19.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

24 de decembro: das 10.00 ás 14.00 h

25 de decembro: pechado

31 de decembro: das 10.00 ás 14.00 h