Ten unha extensión de 1900 m., unha zona dunar e unha lagoa. É un areal semiurbano con paseo marítimo e pequena zona de recreo para nenos e nenas. É unha praia rectilínea, de areas douradas e galardoada con bandeira azul.
Ventosa e de forte ondada, é moi apreciada polos amantes do surf. Sitúase nun contorno rural. As súas dunas e a lagoa convértena nun espazo de interese natural.
No seu límite norte, Punta do Castro, áchanse os restos do castro prerromano de Lobadiz. Tamén conta con algúns restos dunha batería de artillaría de costa do s. XVIII, que formaba parte do conxunto defensivo que ten dous accesos: Outeiro, na zona norte (con amplo parking) e Punta Penencia, ao sur, zona menos masificada.