A Vía da Prata, ou Camiño Sanabrés, é o trazado do Camiño de Santiago que atravesa a cidade de Ourense. Este é o percorrido polo que acceden os peregrinos procedentes do sur e interior da Península Ibérica, tanto de Portugal (con cidades como Viseu, Vila Real, Bragaça ou Chaves), como de España (Sevilla, Cáceres, Salamanca, Zamora…).
Ourense é un excelente punto de inicio para realizar o Camiño de Santiago xa que esta cidade sitúase a pouco máis dos 100 kilómetros de Santiago de Compostela, distancia mínima coa que os peregrinos que realizan o Camiño a pe ou a cabalo poden conseguir a Compostela.
Ao mesmo tiempo, é un excelente destino tras chegar a Santiago. Unha vez terminado o Camiño, moitos peregrinos se achegan a Ourense para gozar das súas relaxantes termas, a súa oferta gastronómica e patrimonio, xa que estas cidades están fácilmente comunicadas tanto por autobús como por tren de alta velocidade (a 34 minutos)
O recorrido do Camiño desde Ourense a Santiago ofrece paisaxes de gran beleza natural, así como un rico patrimonio con elementos tan emblemáticos como o mosterio de Oseira.