“Transição” é unha celebración da arte como un proceso vivo e en constante cambio, concibida polo artista Maramgoní. Esta exposición ofrece ó visitante unha experiencia dinámica que se desenvolve durante varios meses, durante os cales as obras de arte se van reordenando paulatinamente.

Este movemento continuo permite, a través das diferentes fases da carreira de Maramgoní, un percorrido artístico e emocional único. A exposición presenta algunhas das primeiras obras de Maramgoní, revelando as súas inspiracións iniciais e as técnicas que explorou ao comezo da súa carreira. A medida que os visitantes avanzan, a narrativa visual vaise desenvolvendo, mostrando a evolución do estilo do artista e os seus experimentos con diferentes medios e temáticas.

Trinta e sete anos de carreira, trinta e sete anos de inspiración e moitas historias contadas.

Nacido en São Paulo, en 1972, Maramgoní mostrou interese polo debuxo dende pequeno, demostrando unha habilidade innata coas formas e proporcións.

É un dos embaixadores do proxecto No Violence en Brasil, creado por Yoko Ono e o artista sueco Klaus Friedrich, tras a morte de John Lennon. Marangoni contribuíu, a través da súa arte, á paz mundial.

En 2019 trasládase a Portugal en busca de novos retos, onde a súa carreira artística florece coa participación en varias exposicións colectivas e individuais.

Do 21 de xuño ao 6 de xaneiro de 2024, Maramgoní expón a súa obra no Museo Municipal Armindo Teixeira Lopes.

 

Lugar: Museo Municipal Armindo Teixeira Lopes