O barrio de Bonfim alberga o Museo da Facultade de Belas Artes da Universidade de Porto, creado oficialmente en 1992 trala integración da Facultade de Belas Arten na Universidade de Porto. Este Museo é unha institución cultural e artística, non só dentro da Universidade, senón tamén a nivel local, nacional e internacional.