O MOSTEIRO BENEDITINO DE SAN VICENTE DO PINO, os seus antecedentes remóntanse aos primeiros séculos de Reconquista. A residencia monacal xa existía no s.VIII, pois as referencias máis antigas así o conforman, pero as obras no edificio actual prolongáronse dende o s.XVI ata a actualidade.

A fachada é de estilo neoclásico, dúas grandes columnas de orde Dórica no frontis central sosteñen un balcón do que partes pilastras ata un frontón con pináculos e gran fornela que aloxa unha imaxe de San Bieito labrada en pedra.

O Claustro do interior é neoclásico e de cantería. Exhíbense dúas notables pedras de grande valor arqueolóxico que corresponden ao antigo cenobio: unha urna cineraria e un valioso baixorrelevo.

Trala Desamortización de Mendizábal pasa a ser hospital e en 1922 pasou a depender de Abadía de Samos, que o rexentou ata que en 1955 o adquiere o Estado para acabar converténdose en Parador de Turismo.  Para os turistas non hospedados nas súas instalacións é posible visitar parte das dependencias, entre elas a zona do claustro, onde se encontra a cafetería.

A IGREXA DE SAN VICENTE DO PINO, pegada á esquerda do Monasterio, é de fachada renacentista, con templo de traza gótico e con planta de cruz latina cuberta con bóveda de nervios. O Campanario, situado entre o mosteiro e a igrexa, é de estilo barroco tardío.

No interior da igrexa beneditina, ao lado da porta principal encóntrase o sepulcro granítico do abade D. Diego García.

O Altar Maior é un ostentoso retablo barroco. Catro enormes columnas emparelladas a un e outro lado sosteñen un arco.  Baixo este, un amplo lenzo pintado ao óleo representado o martirio de San Vicente.

O PALACIO CONDAL, foi residencia dos Condes de Lemos, construído no século XVI e reconstruído a fins do S.XVII tras sufrir un incendio en 1672, perdéndose a maior parte de documentos do arquivo, unha perda de valor incalculable para a historia da Casa de Castro e para Monforte.

Conseva a entrada orixinal, cun gran arco que contén os escudos familares en mármore branco.

Actualmente, xunto co Mosteiro Beneditino, alberga o Parador Nacional de Turismo.