A comunidade xudía establecida en Monforte foi unha das máis numerosas de Galicia. Non residían nun barrio específico, senón que convivían co resto da poboación repartidos por varias zonas, polo que o burgo medieval de Monforte é unha zona de ámbito xudeu. Dedicáronse especialmente ao comercio da seda e os panos, a pratería, a medicina, avogacía. As rúas de ámbito xudeu: Falagueira, A Calexa, Pescaderías, Zapaterías e actual Praza de España son entre outros espazos nas proximidades da muralla pola que se accedía á parte intramuros, éste legado xudeu é o que xustificou a pertenza de Monforte de Lemos como membro da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad dende o ano 2001.