A Xunqueira de Alba é un dos espazos naturais máis interesantes do municipio, declarado en 2012 como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), o primeiro deste tipo en Galicia. É unha das zonas de pantano e humidais mellor conservadas das Rías Baixas. O espazo protexido ocupa unhas 67 hectáreas cunha gran variedade de ecosistemas, especies vexetais e fauna, entre as que destacan as aves. Pódese facer unha ruta de sendeirismo de pouco máis de 5 km de dificultade baixa.