Dedicada á arte contemporánea, a Galería Municipal de Matosinhos ofrece unha programación regular de gran calidade, que inclúe os principais nomes da escena artística portuguesa. Nos últimos anos acolleu exposicións de Fernando Lanhas, Julião Sarmento, Álvaro Siza Vieira, Júlio Pomar, Paulo Neves, Sobral Centeno ou Joana Rego, entre outros.