As rondallas, bandas de instrumentos de corda que visten traxes semellantes aos dos tunos, son as protagonistas do día. A festa comeza cun acto institucional onde se presentan as rondallas participantes coas súas respectivas madriñas. Ao seu termo, as rondallas percorren as rúas encomiando ás mulleres ferrolás, cantándolles baixo os seus balcóns, para finalmente xuntarse na praza de Amboaxe, onde brindan un espectáculo de valses e habaneras baixo unha carpa.

Nos últimos anos fixéronse típicos desta festa, os “bicos”, doce con forma de corazón, recheo de laranxa e biscoito e cuberto de chocolate, que regalan este día os hostaleiros aos seus clientes.