O doce por excelencia de Compostela é a Tarta de Santiago, da que o seu orixe pérdese no tempo, xa que a primeira referencia a ela remóntase ao ano 1577, recollida nun texto sobre as comidas que os estudantes da Universidade daban aos profesores con motivo da súa graduación. A receita do bolo non aparecería publicada ata moitos anos despois. Por primeira vez aparece nun manuscrito inédito de 1835. A auténtica Tarta de Santiago está composta só de améndoas (polo menos o 33 por cento do peso total), azucre (polo menos o 33 por cento) e ovos (polo menos o 25 por cento). Tamén pode conter ralladura de limón, viño doce, augardente, brandy e outras bebidas espirituosas, así como azucre moído na cobertura. Non conterá fariña.
Para máis información propoñemos unha ruta gastronómica pola cidade:
Ruta Gastronómica