A primeira metade do s. XVIII foi benigna para Galicia. É un período de bonanza económica no que as institucións eclesiásticas e nobiliares invisten en obras arquitectónicas e artísticas. Nesta época Celas era a parroquia máis importante do actual territorio que comprende Culleredo, polo que non é de extrañar oemplazamento desta casa rectoral.
A primeira noticia da súa existencia data do 1752, aparecendo nomeada no catastro do Marqués de la Ensenada, no que se describe e detallan os bens da mesma. O inmoble é o único dos oito pazos protexidos polo catálogo de patrimonio que pertence ao concello. Na actualidade, acolle diferentes usos públicos