A principios do mes de xullo, hai unha cita que non podemos perder no noso municipio: o Mercado Templario de Burgo de Faro. Durante unha fin de semana, no paseo marítimo de O Burgo, revívese o medievo e a poboación de Burgo de Faro toma vida de novo. Un gran número de postos, personaxes medievais, pasarúas e diversos espectáculos convidan a todo aquel que se atreva, a viaxar no tempo e converterse durante unhas horas en habitante do medievo.
A orixe desta festa trasládanos ao século XII cando segundo diversos documentos, no que hoxe coñecemos como O Burgo e O Temple estaba o chamado Burgo de Faro, un lugar onde se asentaron os Templarios e que destacou pola súa prosperidade económica.
Esta Feira, que se repite anualmente desde a súa primeira edición en 2008, ve aumentar a súa “poboación” ano tras ano.
Anímate a participar, merece a pena!