Culleredo  convértese a principios do verán no epicentro da música jazz en Galicia.
Desde hai máis de dúas décadas, o festival Burgo Jazz é unha cita ineludible para os amantes da música e do jazz.
O ciclo é unha ocasión perfecta para gozar dun xénero musical no que a improvisación fai que cada concerto sexa un evento único.