A avoa de Alicia entrará no mundo dos nenos coa forza dun furacán. Con imaxinación e astucia conseguirá que os netos e amigos de Alicia deixen o móbil e as tabletas para escoitar unha fantástica historia que ela lía cando era pequena, para inculcar nos nenos o amor pola lectura.
Comeza así unha viaxe chea de aventuras, cor e música, que permitirá a Alicia coñecer a un coello que fala, un gato simpático, un sombrereiro tolo, unha rencorosa Raíña de Corazóns, entre outros carismáticos personaxes da historia.
Será o señor Coello quen de facer que o seu convidado Alicia aprenda o verdadeiro significado da frase: “Tes que aproveitar ao máximo o teu tempo”? Será o señor Caterpillar, experto en transformacións, quen de cambiar a cor do cabelo de Alicia e, sobre todo, convencela de que o cambio é interno e de que debe ser aceptada tal e como é? Tamén está o Sombrereiro Tolo, obrigado a ser sempre feliz pola Raíña de Corazóns, que nos ensinará que ás veces parecemos felices aínda que dentro teñamos momentos de tristeza.
Con esta versión do clásico de Lewis Carroll, os personaxes tratan de atopar respostas ás preguntas que xorden dos novos retos desta sociedade rica en información.
É posible compatibilizar a tecnoloxía dos teléfonos móbiles, tabletas e outros obxectos dixitais cos libros? Hai espazo para a imaxinación nesta sociedade “dixital”? Que importancia ten a nosa aparencia? En que investimos o noso tempo? Podemos crecer sen renunciar á nosa imaxinación e aos nosos soños?
Unha aventura musical con todos os ingredientes para garantir moita diversión cunha mensaxe didáctica que obriga a pensar para atopar respostas a diversas inquietudes actuais.