Despois do éxito das anteriores edicións, o concello de Vila Nova de Gaia volve celebrar a IV edición do Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo, que terá lugar o 7 de decembro no Pavillón Municipal de Deportes de Gaia.

Este evento reunirá a deportistas de oito concellos de Portugal e España e ten como obxectivo promover os valores do deporte, baseado na competición saudable, así como facilitar a convivencia entre participantes de distintos concellos, sen esquecer a posibilidade de mellorar o nivel competitivo dos deportistas.