Até o 26 de xaneiro, o Concello de Viana do Castelo promove a «Arruada de Janeiras» no centro histórico da cidade. A iniciativa, que forma parte do programa da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, pretende estimular o comercio tradicional e dinamizar o centro histórico de Viana do Castelo no primeiro mes do novo ano.
Promovendo unha actividade cultural de gran tradición, o municipio conta coa colaboración de 28 grupos, asociacións e colectivos locais na dinamización destas «arruadas de janeiras».