Viana do Castelo posúe unha beleza natural inigualable e unha das panorámicas máis impresionantes do mundo. O mar, o río e a serra forman tres eixos naturais que son a base da súa identidade e conforman escenarios idílicos para quen se deixan enfeitizar pola súa beleza natural. Ó longo da costa xunto ó mar, a beiras do lendario río Lima ou a través das frondosas e verdes montañas, ábrense camiños que nos contan paso a paso as orixes deste magnífico territorio. Son pegadas da historia deixadas polos antigos pobos que poboaron este territorio, desde a prehistoria até a idade moderna.

O Concello organiza anualmente un Plan de Sendeirismo, percorrendo cada mes una das rutas da súa Rede Municipal de Sendeirismo. A inscrición é limitada e realízase por Internet (dispoñible na ligazón:  https://www.cm-viana-castelo.pt/visitar/turismo-e-lazer/o-que-fazer/percursos-pedestres-ciclovia-e-ecovia/plano-anual-de-percursos-pedestres/)

  • 25 xaneiroPR15- Trilho “Passear Perre I”

6,2km, hora- 9h na Freguesia de Perre (Perre)

  • 22 de febreiro PR29 – ” Trilho de são Silvestre” 

12,6km, hora-9h Igreja paroquial de Cardielos (Cardielos)

  • 22 de marzo “Eco circuito da corda da Pardela” – Dia internacional das Florestas (plantação de árvores pardela)

6km, 9h na escola EB1 de Carvoeiro (Carvoeiro)

  • 12 de abrilPR19-” Tilho do Castro de Roques” 

13,4km, hora- 9h Largo das Neves- Vila de Punhe (Mujães- Vila Franca-Vila de Punhe e Subportela)

  • 17 de maioPR25 ” Trilho pedestre e equestre da Ribeira Lima” 

18km, hora 9h ponto de encontro no CMIA, inicio no largo da Seara- Lanheses (Lanheses a Meadela-CMIA)

  • 7 de xuñoPR5 ” Trilho do Pincho – Dia Mundial do Ambiente”

9,7 km, início às 9h, Largo do Souto- Montaria (Montaria)

  • 26 de xullo “Ecovia Litoral Norte (Castelo do Neiva – Viana)”

13km, início às 9h em São Paio de Antas (Castelo do Neiva – Centro Cultural de Viana)

  • 27 de septembro PR28 “Trilho dos 3 Cumes- Dia Mundial do Turismo” 

19,9km, início às 9h na Ermida de São João – Subportela (Portela Susã – Deocriste – Subportela – Vila Franca – Mujães e Vila de Punhe)

  • 18 de outubro“Ecovia Litoral Norte ( Afife- Viana)”

14km, início às 9h na praia de Afife (Afife- Centro Cultural de Viana do Castelo)

  • 8 de novembroPR17 “Trilho interpretativo do Monte Galeão – Dia Mundial do Enoturismo”

7km, início às 9h na rua do Galeão- Darque (Darque)

(Datas suxeitas a alteracións)