Homenaxe a Zeca Afonso e Rosalía de Castro
O Grupo Canto D’Aqui convida a Amâncio Prada e Uxia

Portugal (Minho) e Galicia danse a man, ó son da música de José Afonso e o encanto da poesía de Rosalía de Castro nesta 11ª edición de Convergências.
A data do 23 de febreiro, día en que faleceu José Afonso e naceu Rosalía de Castro, foi marcada polo grupo Canto D’Aqui cun concerto que foi crecendo ó longo dos anos. En 2025, o grupo Canto D’Aqui convida a Amâncio Prada e Uxía, figuras de referencia e grandes difusores do corpus poético galego a través das súas composicións.