No primeiro do catro talleres A arte é un fenómeno, exploraremos a relación entre nós, os humanos, e a biodiversidade urbana. En Sementando cores, aprenderemos a fabricar con arxila bombas de sementes, auténticas bombas de amor á natureza que esparciremos polos xardíns da cidade, demostrando que pequenas accións poden ter un gran impacto na saúde da nosa contorna.
a arte é un fenómeno
A arte é un fenómeno é unha serie de talleres para nenos e familias, onde a natureza é o punto de partida para descubrir que a ciencia e a arte son dúas caras da mesma curiosidade. Aquí exploraremos como un simple paseo pola natureza pode converterse nunha aventura artística e científica, observando formas, texturas e cores ó noso redor.