Tahití, 1903. O médico, poeta e artista Victor Segalen partiu de Francia cara a Hiva’Oa para coñecer persoalmente a Gauguin. Cando chegou á illa, informáronlle de que o pintor morrera. Adaptación dos escritos de Victor Segalen, Lonxe do camiño é unha visión sublime da obra, a vida e as contradicións do gran pintor Paul Gauguin. E unha análise moderna da relación entre colonizadores e colonizados.