Íntima, inquietante e cunha notable profundidade emocional, a expresión musical única de Kathryn Joseph cativou por primeira vez ó público con Bones You Have Thrown Me And Blood I’ve Spilled (2015). A súa continuación, From When I Wake The Want Is (2018) tróuxoa ao Theatro Circo en maio de 2019 para un espectáculo inesquecible.

Kathryn Joseph atópase actualmente inmersa no proceso creativo de escribir o seu cuarto álbum. Mentres tanto, volverá ao Theatro Circo para presentar en exclusiva un desafío CINEX, parte do programa Braga 25 Capital Portuguesa da Cultura: a composición e interpretación dunha banda sonora para o clásico atemporal do cinema alemán Fausto (1926) de F.W. Murnau.