Dora escribe cartas na Estación Central de Río de Janeiro para persoas analfabetas. Cando un dos seus clientes é atropelado por un coche, o seu fillo Josué, de nove anos, queda perdido e abandonado na estación. En contra da súa vontade, Dora acolle ó neno e acaba acompañándoo ó campo do nordeste en busca do seu pai.