O Festival de Artes Escénicas é o resultado da investigación de creadores e promove o desenvolvemento dun espazo de debate e reflexión sobre a creación artística contemporánea.
Este Festival favorece a presentación de autores portugueses cuxas traxectorias, temas de pensamento e linguaxes (desde a performance, a danza contemporánea, o cinema ou as artes plásticas) demostran a amplitude e complexidade da creación contemporánea. Durante o Festival tamén se celebran encontros e conversacións informais entre os artistas participantes e o público.
Organiza Circular – Associação Cultural