Diogo Carriço convida a Xose Miguélez

Residencia artística e concerto cun proxecto de música electrónica desenvolvido en colaboración entre o músico e performer portugués afincado nos Países Baixos, Diogo Carriço, e o saxofonista e gaiteiro galego Xose Miguélez, coa presenza dunha proxección de vídeo de fondo:

  •  1ª parte – ALCATEIA
    2ª parte – Diogo Carriço e invitado Xose Miguélez

A primeira parte deste concerto conta ademais coa participación do dúo ALCATEIA, formado por dous mozos creadores portugueses, concretamente o saxofonista e compositor de Viana do Castelo, Manuel Ferreira.

ALCATEIA (1ª parte)

Alcateia é un proxecto formado por José Esteves e o saxofonista vianense Manuel Ferreira, músicos profesionais con ampla experiencia nos máis diversos contextos musicais. Presentan un repertorio único que integra varias composicións orixinais. O seu principal valor reside na capacidade dos membros deste grupo para crear un estilo propio e auténtico a través da influencia de varios xéneros musicais, o que á súa vez dá lugar á creación de composicións dinámicas. Un proxecto orixinal cun propósito orixinal.