Ubicado no corazón de Galicia e rodeado de frondosos bosques de carballos e tilos, conta cunha historia que se remonta 191 anos atrás. Dende a súa fundación en 1816, foi un punto de referencia no ámbito dos balnearios de augas mineiro-medicinais, destacando polas súas propiedades curativas
Usa o máis importante dos 3 manantiais deste concello. Está situado á marxe esquerda do río Arenteiro e próximo ao Parque Municipal e ao centro da vila. O recinto conta cun pavillón de agüistas co manantial da auga, a cal brota a 26º e está indicada para afeccións hepáticas, intestinais e otorrinolaringolóxicas, e coa casa de baños, obra do arquitecto Daniel Vázquez-Gulias Martínez, inaugurada no 1.900. O edificio alberga as principais instalacións do balneario, renovadas e ampliadas, con baños, duchas, inhalacións e hidromasaxe. Instalacións modernas nun edificio histórico. Ademais conta con zonas axardinadas e a súa contorna lévao ata o curso do río, paseable nas súas dúas ribeiras, con fervenzas e árbores milenarias.