A capela do Señor da Pedra, construída sobre unha rocha, de planta hexagonal, pode datar do século XVII. Crese que as súas orixes foron un antigo culto pagán, convertido máis tarde ao cristianismo.
No seu interior conta cun altar maior, dous retablos laterais dourados de estilo barroco/rococó, destacando a imaxe do Señor da Pedra -Cristo Crucificado-.
O culto popular ao señor da Pedra maniféstase a través da Romaría dominical da Santísima Trindade, considerada unha das máis grandes e carismáticas do municipio, que ten lugar o domingo anterior á celebración do día do Corpus.