Romaría relixiosa que se celebra do 23 ao 24 de xuño, e que reúne a milleiros de devotos que buscan liberarse do meigallo ao que son sometidos.

A súa sona esténdese por toda Galicia. A festa celébrase arredor do santuario, onde hai unha gran carballeira rodeada polas casas da aldea do Corpiño. Desde este lugar pódese gozar dunha ampla panorámica do val de Losón.