A Igrexa de Santa Clara, cuxa fundación crese que data de finais do século XIII e que durante os sucesivos séculos XIV e XV obtivo numerosas doazóns privadas que aumentaron o seu patrimonio e permitiron ampliar a obra. O convento do que forma parte esta igrexa foi saqueado e parte queimado, no século XIX, durante a Guerra da Independencia. Do interior da igrexa destaca a cabeceira de principios do século XVI, con pinturas murais do século XVIII e o retablo churrigueresco de 1730. Por outra banda, o portal con estrutura románica e escultura gótica no que se atopan os evanxelistas, apóstolos, anxos trompetistas e símbolos do Xuízo Final e, por outra, as ménsulas da cornixa con representacións humanas, animais e xeométricas.
A igrexa e convento de Santa Clara foron adquiridos recentemente polo Concello de Pontevedra. A igrexa foi desconsagrada e as súas imaxes trasladadas a outro templo da mesma orde en Santiago de Compostela.
Ambos edificios pasaron a formar parte do Museo Provincial e están pechados por obras, só a antiga igrexa se utiliza ocasionalmente para algunha actividade cultural.