O Santuario da Virxe Peregrina é una construción de finais do século XVIII. É a Patroa da provincia dende 1954 e do Camiño Portugués a Santiago. O seu día grande celébrase o segundo domingo de agosto. A maior particularidade deste santuario é a súa planta en forma de cuncha de vieira, símbolo do camiño de Santiago e dos peregrinos.
No exterior tres imaxes que representan, coa indumentaria dos peregrinos, á Virxe, Santiago e San Xosé. Destaca na entrada unha cuncha xigante natural para a auga bendita, agasallo do contra almirante pontevedrés D. Casto Méndez Núñez e, que a trouxo do Pacifico para agradecer á Virxe a súa vitoria na batalla de Mindanao (Filipinas).
A actual imaxe da Virxe é de 1867, obra do escultor catalán Luis Vermell, en substitución da que tallou en 1776 o pontevedrés José de Torres, e conta cunha gran cantidade de traxes bordados. A figura do Neno é de Gambino de 1814.