O botillo é un embutido típico de Bragança e é unha boa mostra do bo aproveitamento do porco, envolto na vexiga ou estómago, cun humilde recheo de ósos da columna vertebral e costelas con algo de carne. É costume comer este embutido artesanal acompañado de cáscaras de xudías secas, coñecidas localmente como casulas.

A Festa do Botillo e das Casulas celébrase a fin de semana anterior ao Entroido e é posible adquirir esta delicia, así como todos os embutidos e verduras da comarca de Trás-os-Montes, directamente ós produtores nun espazo instalado na praza de Camões.