Viana do Castelo sempre estivo ligada ó seu fiel amigo, o bacallau. Ademais dos innumerables pratos a base de bacallau, cabe destacar o peixe fresco e o marisco. Nos restaurantes locais sempre atopará Bacallau à Viana, bacallau à Zé do Pipo, bacallau asado, á prancha ou encebollado, así como as moi portuguesas pataniscas. Tamén temos unha gran variedade de pratos de lamprea, robaliza, sardiñas, caldeirada e o polbo tamén, son famosos en Viana.