A Coruña localízase nunha península situada que se interna no Océano Atlántico, entre a enseada do Orzán e a entrada da súa ría, na parte sur do Golfo Ártabro.
O elemento máis característico da súa arquitectura son as galerías; as máis coñecidas son as da Mariña, preto da praza de María Pita, onde está o edificio do Concello.
O monumento máis coñecido da cidade é a Torre de Hércules, que foi construído no século I polos romanos e remodelada posteriormente. É o faro en funcionamento máis antigo do mundo e foi declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2009.
Hoxe é unha cidade moi moderna e dinámica, cunha grande oferta de lecer (cultura, deporte, gastronomía, turismo…). Destacan os seus museos interactivos: A Domus ou Casa do Home, A Casa das Ciencias e a Casa dos Peixes. O seu lema é: “prohibido non tocar”.