Se hai unha cidade antiga e con historia esa é Lugo, fundada polos romanos co nome de Lucus Augusti (o bosque sagrado de Augusto). Situada sobre un outeiro e co río Miño como fondo, está rodeada por unha Muralla Romana, a mellor conservada da Península, pola que se pode pasear por encima e ir vendo todos os lugares emblemáticos da cidade.

Dando un paseo por ela é coma se as pedras che falasen e contasen as historias dos lucenses. Desde ela pódese ver a Catedral, cuxa construción durou más dun século e que foi declarada patrimonio da Humanidade pola UNESCO xunto coa muralla. No museo provincial pódese visitar unha importante colección de arte sacro, utensilios de cociña tradicionais galegos, mosaicos e unha destacada colección de orfebrería. Ademais da festa tradicional da cidade, o San Froilán, a mediados de xuño celébrase unha festa romana, o Arde Lucus, na que durante tres días a vida da cidade mestúrase con combates de gladiadores, mercado e circo romanos, á vez que as nenas e nenos  poden converterse en lexionarios romanos ou recrear a vida nun campamento.